InicioEconomíaAs terrazas dos bares do Cardenal e da Praza de España estarán...

As terrazas dos bares do Cardenal e da Praza de España estarán delimitadas por biombos

A actuación nas terrazas está previsto que de comezo a principios de xullo

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, explicou que as terrazas dos establecementos das rúas peonís máis concorridas da cidade estarán delimitadas por mamparas de cristal.

Deste xeito, vanse instalar biombos de cor burdeos, que combinarán unha parte da súa estrutura metálica con outra acristalada. En total serán 35 biombos, todos eles da altura de un metro e está previsto que sexan colocados a principios do mes de xullo; “o espazo destinado a terrazas será semellante para cada un dos hostaleiros. Oscilará entre os 43 e 47 metros cadrados para cada un deles”, segundo manifestou o mandatario local.

Para delimitar o espazo acoutado para cada unhas das terrazas, a administración municipal tivo en conta a circulación de peóns, así como dos vehículos de servizo público, especialmente os camións de bombeiros. En declaración do alcalde, “o Concello solicitoulle ó parque de bombeiros as medidas dos seus vehículos e a policía local elaborou un informe no que se constata a existencia de amplitude suficiente para que poidan circular este tipo de camións. Dende o equipo de Goberno queremos facilitar a instalación de terrazas que contribúan ó éxito dos establecementos hostaleiros, pero loxicamente, dentro dunha orde que faga compatible o uso público co privado”.

Para poder acadar este obxectivo, a Oficina Municipal de Patrimonio elaborou un Informe-Proposta que lle enviou á Comisión Provincial de Patrimonio, posto que estes establecementos están ubicados no casco histórico. “Tralo visto bo de Patrimonio, mantiven unha reunión con cada un dos hostaleiros da zona onde tamén estiveron presentes o Técnico de Contratación e a Arquitecta da Oficina de Rehabilitación. Todos eles manifestaron que lle parecía razoable a actuación que pretendía realizar o Concello”,  detallou o alcalde.

Antecedentes

Esta preocupación polo espazo ocupado polas terrazas na vía pública xa vén dende que o ano pasado unha ambulancia tivo serios problemas para acceder ó punto no que unha persoa necesitara asistencia sanitaria. Así, en xuño do pasado ano, a administración local xa enviou un escrito á Asociación de Hostalería de Monforte detallando que, no caso de que o espazo destinado ás terrazas fose excesivo, o concello procedería a realizar unha delimitación dos mesmos.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...