InicioEconomía5 millóns de euros no 2019 para o sector do viño en...

5 millóns de euros no 2019 para o sector do viño en Galicia

A Consellería do Medio Rural destinará os fondos para fomentar este eido produtivo e impulsar a súa promoción nos diferentes mercados. Mentres o Centro do Viño da Ribeira Sacra organiza os días 7 e 8 o Túnel do Viño cos viños galardoados na 5ª edición da Cata Concurso Patrimonio da Ribeira Sacra. 

Publicado o

- Advertisement -

Unha das liñas de axudas será para a mellora de instalacións de elaboración e comercialización dos produtos vitivinícolas e outra para medidas de promoción en terceiros países, fóra da Unión Europea.

O Conselleiro do Medio Rural, José González, tamén se referiu no Parlamento, aos resultados da vendima do 2018. Sinalou que a colleita medrou por riba do 4% en relación coa anterior campaña ata situarse, con 64 millóns de quilos de uva, como a segunda máis abondosa da historia, despois da de 2011. Neste sentido, salientou tamén que esta última vendima colocouse case un 10% por riba da media do decenio 2009-2018.

As variedades de cultivo tradicional, potencialmente produtoras de viños de calidade, seguen a ter un peso fundamental no conxunto da vendima, coa uva Albariño en brancos (supón o 71% da uva branca total) ou a Mencía en tintos (representa máis do 79% da uva tinta total).

Nas indicacións xeográficas protexidas Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense e Ribeiras do Morrazo tamén houbo un aumento da uva recollida en preto do 20%, pasándose en conxunto de case 122 toneladas a preto de 146.

Túnel do Viño

E o viño é protagonista, esta ponte de decembro, no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Organízase o Túnel do Viño, unha cata degustación con todos os viños galardoados como Gran Patrimonio na 5ª edición da Cata Concurso Patrimonio da Ribeira Sacra.

Con esta iniciativa preténdese dar a coñecer os viños premiados, explicaranse, ademais as variedades de uvas que se utilizan para cada unha das elaboracións, diferenzas entre uns viños e outros, zonas as que pertencen… O obxectivo último é seguir afondando no coñecemento dos distintos viños que se elaboran na D.O. Ribeira Sacra.

A actividade levarase a cabo os días 07 e 08 de Decembro en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.Ten un custe de 5€ por persoa e poderanse probar 10 viños premiados con medalla de ouro nas diferentes categorías:

Tintos da colleita 2017 GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:

  • Guímaro
  • Gaela Os queixeiros
  • Viña Peón

Tintos barrica e  outras añadas GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:

  • Promine 2016
  • Don Diego 2017
  • Corga 2014

Brancos da colleita 2017 GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:

  • Almalarga
  • Viña Vella

Brancos barrica e outras añadas GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:

  • Finca Millara 2016

Rosado GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:

  • Peza do Rei

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....