InicioEconomíaO 65% dos parados da zona sur son do sector servizos

O 65% dos parados da zona sur son do sector servizos

No mes de novembro o paro descendeu nas comarcas de Lemos e Quiroga, con 61 e 10 parados menos respectivamente, e subiu en 26 persoas na comarca de Chantada. As 3 comarcas suman un total de 2.503 parados.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo os datos que manexa a Secretaría de Acción Sindical de CCOO, do total de parados da zona sur case o 54% son mulleres, 1.341. Por sectores, na comarca de Chantada, na agricultura cóntanse 56 parados, 51 na industria, 66 na construcción, 400 no sector servizos e 34 persoas non tiñan emprego anterior. Na comarca de Quiroga, na agricultura rexístranse 21 parados, 37 na industria, 36 na construcción, 210 no sector servizos e 27 non tiñan emprego anterior. Na comarca de Lemos a agricultura rexistra 106 parados, a industria 140, a construción 157, o sector servizos 1.018 e 171 persoas non tiñan empego anterior.

Para CCOO é importante impulsar o sector servizos pola gran dependencia que se ten del en toda a zona sur, é onde se concentra a maior parte do traballo e o que consecuentemente xera máis parados. Ao sindicato tamén lle preocupa a situación das persoas sen emprego anterior. Supoñen o 9,2 % dos parados da zona sur, o 40% están empadroados en Monforte e son un colectivo con moitas dificultades para acceder a un posto de traballo.

A construción rexistra o 10,3% dos parados; para impulsar este sector, CCOO ve fundamental aprobar o plan especial de Monforte e sacar do caixón o plan xeral de urbanismo. O sector agrogandeiro,  un sector importante nestas comarcas tamén se ve con preocupación porque afecta a xente nova que non ten futuro a curto prazo, segundo o sindicato.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...