InicioEconomíaAira inaugura un Mercarural en Becerreá con seis traballadores

Aira inaugura un Mercarural en Becerreá con seis traballadores

A cooperativa afincada en Taboada abre a súa sétima tenda comercial de Mercarural.

Publicado o

- Advertisement -

As tendas Mercarural están especializadas en produtos profesionais para agricultores e gandeiros e ofrecen outros artigos para un público urbano de sectores como xardinería, bricolaxe e mascotas. Coas tendas Mercarural, a cooperativa busca ofrecer o máximo número de servizos nunha mesma localización, tanto para os socios como para o resto de clientes.

O Mercarural de Becerreá conta cunha superficie comercial de máis de 700 m2repartidos en espazos destinados a agrotenda, almacén agrario e supermercado. Con esta apertura, Aira segue a liña marcada hai menos dun ano coa integración, de achegar a cooperativa aos socios, abastecéndoos de produtos e servizos que dean resposta ás súas necesidades en todas as zonas nas que Aira ten presenza.

A nova cooperativa Aira nace a comezos deste ano coa unión de Aira, Agris, Coelplan, Cogasar e Icos. Produce, envasa e comercializa produtos de alimentación animal, ademais de proporcionar servizos como combustibles, supermercado, abonos, sementes, forraxes ou taller de mecánica rápida e é tamén produtora láctea.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...