InicioEconomía210 millóns de euros para as axudas da PAC que se poden...

210 millóns de euros para as axudas da PAC que se poden solicitar ata o 30 de abril

Prevese que 30.000 agricultores e gandeiros soliciten estas axudas que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural traballa con máis de 50 entidades colaboradoras para prestar apoio ás persoas interesadas nestas achegas, entre as que destacan entidades bancarias, asociacións agrarias, organizacións profesionais e entidades de aconsellamento. O obxectivo, que todos os interesados teñan coñecemento do contido e poidan presentar axeitadamente a solicitude. Accede á orde aquí.

O orzamento previsto para esta convocatoria elévase aos 210 millóns de euros, dos que 170 millóns de euros corresponden aos pagamentos directos da PAC e 40 millóns de euros ás medidas de desenvolvemento rural, como axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas.

Prevese que uns 30.000 agricultores e gandeiros soliciten estas achegas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria e que pretenden reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana, á vez que potencia aos agricultores realmente activos e prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente (medidas agroambientais).

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...