InicioEconomíaLugar da Veiga, un orgullo para Chantada e para o rural galego

Lugar da Veiga, un orgullo para Chantada e para o rural galego

Situar a unha empresa afincada no rural entre as que máis rápido medran de Europa nestes dous últimos anos ten moito mérito. A nai das galletas ‘Mariñeiras’, conseguiuno.

Publicado o

- Advertisement -

A empresa chantadina Lugar da Veiga SLL, que naceu no ano 2005 co proxecto “Daveiga produción responsable” elaborando as populares ‘Mariñeiras’, figura por segundo ano consecutivo no ranking do Financial Times de empresas europeas que máis rápido crecen.

No estudo, elaborado por este medio en colaboración con Statista, FT 1000: Europe’s Fastest-Growing Companies, figuran as 1000 empresas europeas cunha maior taxa de crecemento nos últimos anos. A partir deste traballo destácanse as compañías que actúan como forza motriz da economía europea.

O pasado ano Daveiga tamén entrou nesta lista, concretamente no posto 503, sendo portada de moitos medios de comunicación e pillando incluso aos seus responsables por sorpresa. Este ano volveu aparecer, nesta ocasión no posto 548, cun crecemento acumulado no período analizado (2014-2017) do 315%, resultando curioso, por non dicir exótico, que se cole na ‘media táboa desta liga’ entre entidades do sector da tecnoloxía, construcción e servizos de países do potencial económico de Alemaña, Reino Unido ou Francia.

Elaborando ‘Mariñeiras’ / GC

O bo facer desta empresa galega leva unha traxectoria ascendente e admirable no económico, feito que lle está reportando numerosos recoñecementos ademais de espertar o interese de medios de comunicación e servir xa de modelo para estudios de marketing e universidades. Pero algo tamén moi importante, e que igual destaca menos, Lugar da Veiga aposta polo rural e a economía social ademais de amosar sempre o seu compromiso coa lingua galega.

Obradoiro e ‘Mariñeiras’. Foto: Daveiga

Os responsables de Lugar da Veiga lembran, unha vez mais, que a súa aposta polo rural galego e a economía social é rendible, ten futuro e crea valor engadido no entorno de proximidade. Para coñecer algo máis da historia desta empresa e a súa traxectoria hai un interesante artigo no Galicia Confidencial.

 

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...