InicioEconomía242.500 euros para arranxar estradas en Folgoso do Courel

242.500 euros para arranxar estradas en Folgoso do Courel

O orzamento vén de ser aprobado pola Deputación de Lugo e as obras poderían iniciarse no prazo dun mes.

Publicado o

- Advertisement -

O Executivo Provincial dá luz verde á aprobación desta achega económica para acometer os traballos de arranxo dun total de 6,7 quilómetros de 5 estradas provinciais no Concello de Folgoso do Courel.

As obras, que poderán comezar previsiblemente no vindeiro mes, realizaranse nas estradas LU-P-1301, LU-P-1303, LU-P-1306, LU-P-4501 e LU-P-560.

Por tramos concretar que as intervencións serán nun treito de 1,1 quilómetros da estrada LU-P-1301, que vai dende Seoane do Courel ao Hospital e ramais a Piñeira, Lousada e Vila; entre os puntos 1,4 e 2,5 ; 1,6 quilómetros da LU-P-1303, que vai dende Seoane por Visuña a Ferramulín, entre os puntos 14 e 15,6; 1 quilómetro do vial LU-P-1306, que vai dende Megoxe a Ferreira do Incio, entre o punto 2,9 e 3,9; 1 quilómetro da LU-P-4501, que vai dende Poio a Louzarela e accesos Meiraos, entre o punto 6,8 e 7,8 e 2 quilómetros da LU-P-560, que vai dende Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña, entre os puntos 34 e 36.

Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical.

 

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...