10 finalistas optan a ser proxectos Semente de Monforte

Este sábado, 16 de Marzo desde as 09:30h, terá lugar no Parador de Turismo de Monforte a final do V Concurso de Proxectos Semente de Monforte.

Finalistas do Concurso 2018 / Semente Monforte

Os 10 proxectos seleccionados como finalistas son:

  • SEND2ME // Buzón electrónico para entrega de paquetería
  • Recovery Blood //. Revalorización do sangue e outros subprodutos da industria cárnica.
  • Sense(Z) // Detección de alérxenos en alimentos
  • ENTELARTE // Tinglado creativo en torno á artesanía que convive coa cultura, a arte e o ocio.
  • ACIOS GLAMPING & WINE // Campamento turístico na Ribeira Sacra
  • Planificación de xestión circular de residuos orgánicos para revalorización enerxéticae restauración de solos degradados mediante xeración de biogás
  • SmartWood // App para xestión forestal
  • ItechTerm // Monitorización e control de variables sanitarias en gando vacún
  • FUNDEEN MANAGEMENT SL // Plataforma de financiación para proxectos de enerxías renovables
  • ARTIO // Bebida isotónica natural elaborada con auga de mar da costa atlánticagalega

Os finalistas defenderán as súas iniciativas ante un xurado composto por empresarios colaboradores, representantes das universidades galegas, do IGAPE e da asociación monfortina. Estará presente o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde, e aproveitarase a xornada para presentar tamén a nova fase do concurso coa incorporación de novos patrocinadores e colaboradores.

Cada un dos traballos disporá de 15 minutos para a súa exposición e deberá contestar ás preguntas que dende o xurado se lle plantexen. Ao longo da tarde o xurado debatirá e asignará os 3 premios, dotados con 8.000€, 5.000€ e 3.000€ respectivamente. Os galardóns serán entregados no transcurso dunha cea que, tamén no parador, celebrarase a partir das 21:00h.

Asociación Semente de Monforte, creada na vila lucense tras ser agraciada co premio gordo da lotería de Reis, puxo en marcha o concurso co patrocinio de 14 empresas e o Concello de Monforte, contando coa colaboración de 3 universidades galegas e o apoio do Instituto Galego de Promoción Económica.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here