Obras para ensanchar a estrada entre Folgoso e Seoane do Courel

O proxecto aprobado pola Xunta entra agora na fase de participación pública para que as administracións, colectivos e persoas interesadas podan formular observacións de carácter ambiental.

LU-651 Folgoso-Seoane / Cedida CTP

O proxecto, cun orzamento estimado duns 10 millóns de euros, ten como obxectivo o acondicionamento da estrada LU-651 no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 21+600 e 35+670, duns 14 quilómetros, e que coincide co treito entre Folgoso e Seoane do Courel.

A actuación contempla a ampliación da estrada, basicamente para ensanchala pasando dos 5 metros de ancho actuais a uns 7 metros. Para esta obra cómpre ampliar 11 pontóns, conservando os muros existentes para minimizar a afección dende o punto de vista ambiental.

No que respecta ás obras tamén se acondicionarán cunetas de seguridade, renovando a rede de drenaxe, construiranse 19 muros de contención, realizaranse traballos de sostemento de terras e mellorarase a capa de rodadura con asfaltado no tramo previsto.

Como parte do proxecto tamén se contempla habilitar un aparcadoiro para autobuses en Seoane do Courel, preto do lugar onde están os servizos de Protección Civil.

participación pública

O procedemento de participación pública no trámite ambiental, que permite facer alegacións relativas á afectación medioambiental a administracións públicas, entidades e persoas físicas interesadas, empezou o 9 de abril e rematará transcorridos 30 días dende esa data.

A participación pública é importante para a avaliación ambiental dos proxectos susceptibles de conflito coa natureza e serve para dar oportunidade aos cidadáns para que contribúan na elaboración  do mesmos achegando as observacións e suxestións que estimen oportunas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here