Moda e tendencias en Sarria na ‘Noite Aberta’

Por quinto ano consecutivo celebrouse a “Fashion Night”, evento que organiza a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria para potenciar o comercio local da vila.

Grupo musical local Muddy Doll. Fonte: Deputación de Lugo

Noite Aberta – Fashion Night reuniu este sábado 13 de abril a bastante xente no evento celebrado no bulevar da Rúa Calvo Sotelo, entre as rúas Vázquez Queipo e Gran Vía.

Trátase dunha cita que ten como obxectivo impulsar o comercio local e na que un total de 21 comerciantes mostraron na pasarela a nova colección primavera-verán de roupa, calzado, complementos e peiteados. O desfile estivo amenizado polo grupo musical local Muddy Doll.

Nena desfilando pola pasarela. Foto: Prensa Dep. Lugo

O Servizo de Audiovisuais da Deputación (SdeA), realizou unha reportaxe da cita e colaborou na difusión deste evento, que se organizou por quinto ano consecutivo en Sarria grazas á Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here