O medo á covid tendo que volver aos espazos pechados

O epidemiólogo Juan Gestal avisa de que a chegada do outono suporá un "risco engadido" porque non todas as máscaras protexen correctamente en espazos pechados. Tamén conclúe que a Covid-19 non só vai para longo, tamén reviste moita máis facilidade de contaxio.

Juan Gestal, epidemiólogo galego. Foto: Europa Press

As semanas vindeiras, marcadas polo regreso ás aulas e o retorno xeral á actividade, serán críticas tanto para Galicia como o resto de Comunidades Autónomas. Dende finais de xullo, o territorio galego vén rexistrando un incremento sostido dos casos de covid-19, que xa a finais do mes pasado superaron o récord do confinamento, sempre que sexa tido en conta o cambio no criterio de cómputo por parte do SERGAS.

Ante estas datos, Gestal destaca que Galicia leva na segunda vaga de covid “dende mediados de xullo”. “Posiblemente debemos estar xa chegando ao cumio dela”, puntualiza. Aínda que o profesor sinala que “é moi difícil saber o que vai ocorrer nos próximos meses”, adianta que outono e inverno traerán unha dificultade engadida: o regreso a espazos pechados.

A reportaxe completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here