InicioEn profundidadePiensos Senra, un negocio familiar fundado no 1946 que leva xa dez...

Piensos Senra, un negocio familiar fundado no 1946 que leva xa dez anos en Pantón

Na colaboración deste mes, o colectivo Segredos de Pantón fala con María José Senra, a responsable deste negocio especializado en produtos do agro, horta, xardín e mascotas, que ten establecemento tamén no Castro de Ferreira.

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

Piensos Senra S.L. é un negocio familiar que existe en Monforte dende o ano 1946. Segundo conta María José Senra, fundouno o seu avó Avelino á volta do seu paso pola emigración en Cuba. Despois pasou aos seus pais, e hai uns 25 anos púxose ela ao fronte da empresa.

Cóntenos un pouco a historia deste establecemento. Se non erramos nado en 1946 co seu avó Avelino.

A historia do noso negocio é unha de tantas historias de emigración galega. O meu avó Avelino, que moitos recordarán, emigrou a Cuba e á volta estableceuse en Monforte onde empezou cun muíño de pedra dedicándose a moer os cereais dos veciños a cambio da maquía.

Logo colleu o relevo o meu pai que, a parte de moer, tamén vendía cereais de Castela e León, patacas para a semente e uvas, entre outros produtos para o campo. E cos anos tocoume a min coller o relevo e fun ampliando o número de produtos e o número de tendas.

En toda Galicia existen moitas tendas onde podemos mercar dende cousas para a horta, o xardín e as mascotas. Vós dentro desa oferta na comarca de Lemos en que vós tentades diferenciar?

Diferenciarse da competencia cada día é máis difícil, nós temos varias avantaxes dende o meu punto de vista: A cercanía no trato cos nosos clientes, moitos deles xa levan varias xeracións sendo clientes e xa son coma da casa. A antigüidade que levamos no mercado, polo que a experiencia á hora de comprar e escoller os mellores provedores coas mellores calidades é algo que xa vén de lonxe. A variedade de produtos de moita calidade e a prezos moi competitivos. A especialización de todos nós, xa que todos os que traballamos nesta empresas somos persoas formadas en todo o relacionado co campo e a horta, e en moitos casos vale máis a experiencia que o produto en si.

Mesmo a maiores facemos reparto a diario a domicilio, polo que o servizo ao cliente intentamos que sexa o máis rápido posible.

Sabemos que a día de hoxe contades con 4 tendas: en Monforte de Lemos, Castro de Ferreira, Escairón e Sober. Que vos levou a abrir establecementos nestes núcleos?

Os núcleos das aldeas cada vez teñen xente máis maior e que lle custa moito desprazarse ata Monforte a comprar, esa é a primeira razón pola que empezamos esta andaina de abrir tendas nas aldeas.

ÚLTIMAS

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...