InicioEn profundidadeArtistas de 6 nacionalidades no Festival Internacional de Maxia da Vila de...

Artistas de 6 nacionalidades no Festival Internacional de Maxia da Vila de Sarria

Presentada a XVII Edición deste senlleiro encontro de ilusionistas que fan posible o Concello de Sarria e o mago local Roberto Lolo, coordinador e produtor do evento. Volve a maxia de rúa, recupéranse as conferencias e este ano haberá, por primeira vez, unha faquir. O evento desenvolverase do 18 ao 21 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

Na presentación da programación do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria deste ano estiveron presentes o coordinador do evento, Roberto Lolo; o Alcalde, Claudio Garrido; os concelleiro Félix Seijas e Pedro Antonio López; e as concelleiras Reyes Abella e Geni Valcárcel.

Claudio Garrido dixo “estamos diante dun evento consolidado na vila”, e engadiu “cada ano temos como reto mellorar a calidade dos participantes”. Tamén tivo palabras de agradecemento para Roberto Lolo, no que depositan para a organización “unha confianza absoluta”.

Presentación do programa / XDL

Claudio Garrido dixo que “estamos diante dun evento consolidado na vila”

Este ano o festival trae a Sarria 24 artistas, 23 magos e unha faquir francesa, Coralyn Corazón, que ofrecerá en exclusiva números espectaculares nesta disciplina. Coralyn é ademais a única muller que fai o número de tragar espadas. Como curiosidade, comentouse na presentación que catro dos magos presentes este ano teñen algunha vinculación coa Comarca de Sarria: Roberto Lolo, o anfitrión organizador, Mr Brandán, Román García e Mago Iago.

Trala pandemia, este encontro internacional que, en palabras de Lolo, poñerá a Sarria no “corazón da maxia”, recupera a maxia de rúa, as conferencias, as visitas máxicas á Residencia de Maiores e ao CAPD de Sarria, a maxia nocturna e por suposto os aforos sen restricións.

Segundo comentaba Roberto Lolo, “nesta edición decidín traer máis magos infantís como recompensa para os máis pequenos” e para “recuperar o tempo perdido da pandemia”. Neste senso, o programa contempla diferentes actuacións de rúa con maxia infantil e tamén varias galas centradas na cativada.

Como en edicións anteriores, as actuacións desenvolveranse en espazos públicos e tamén en establecementos e locais de empresas e de asociacións que colaboran na organización do Festival de Maxia Vila de Sarria. O evento terá lugar os días 18, 19, 20 e 21 de agosto.

UN ENCONTRO ‘MÁXICO’ DE ILUSIONISTAS

24 Ilusionistas serán os que participen este ano no festival. Un encontro no que se xuntarán artistas de ata 6 nacionalidades diferentes: España, México, Colombia, Cuba, China e Francia.

Magos e magas destacados/as a nivel internacional que chegan a Sarria da man de Roberto Lolo, persoa que fai dos catro días que dura o festival un encontro entre amigos/as, unhas xornadas de conviencia con colegas que comparten a mesma paixón pola maxia. Cada ano coinciden magos que repiten, porque así o quere tamén o público, e magos novos, que teñen gran proxección e chegan por primeira vez ao festival.

Tal é o trato da organización e do público cos magos e magas que ano tras ano moitos artistas fan un esforzo para poder vir en agosto. “Hai magos que rexeitan traballos por poder vir a Sarria e por menos cartos”, di Roberto ao tempo que engade “Sarria e o festival coñécese a nivel nacional e internacional gracias a eles”.

“Hai magos que rexeitan traballos por poder vir a Sarria e por menos cartos”

Artistas presentes este ano: Jorge Luengo, Dani Ortiz, Inés, Javi Rufo, Juan Luis Rubiales, Javier Natera, Adrián Marmac, Yao Xing, Coraly Corazón, Sarapín. Edu El Mago, Juan Luis Melgar, Gustavo Biosca, Daniel Sánchez, Cristobal Ardila, Román García, Roberto Lolo, Nacho Samena, Sara Rodríguez, Yimis Maulder, Mago Iago, Mr Brandán, Magic Mateo.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...