InicioMedio ambiente e PatrimonioA Pobra do Brollón, un referente na xestión cultural e patrimonial

A Pobra do Brollón, un referente na xestión cultural e patrimonial

A súa política nestes eidos está presente como modelo de bo facer no congreso “Fazer com Tod@s”, na localidade portuguesa de Vila-Nova de Foz Coa, onde se debate sobre Patrimonio e Comunidades.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón presenta a súa xestión como modelo de intervención no patrimonio cultural e histórico para pequenos concellos rurais no congreso “Fazer com Tod@s” que se celebra os días 26 e 27 de abril na vila portuguesa de Vila-Nova de Foz Coa.

O encontro está organizado pola Associaçao de fronteira para o desenvolvemento Comunitário e ten por obxecto coñecer e intercambiar diferentes proxectos ibéricos modélicos na integración de Patrimonio e Comunidade.

Como se está demostrando estes últimos anos, na “Guimaralia” está a xurdir un xeito de facer cultural que está empezando a dar froitos e a participación neste foro é un exemplo máis de que o modelo funciona e pode servir para outras vilas.

A experiencia da Pobra do Brollón será presentada polo dinamizador turístico-cultural do concello, Xosé Gago, que repasará o proceso e resultados do seu traballo no concello dende os inicios do proxecto no Castro de San Lourenzo, en Cereixa, ata a actualidade coa iniciativa Adegas da Memoria, en Vilachá.

Intervención no congreso falando sobre o Castro de San Lourenzo / Pobra do Brollón

O Alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, sinala que “para nós é un orgullo que se empregue o que estamos a facer como un modelo. Non é habitual que un concello das nosas características faga unha aposta polo seu patrimonio cunha visión comunitaria. Que nos chamen dun evento destas características axúdanos a recuperar a perspectiva do que estamos conseguindo coa implicación da veciñanza”.

No encontro de Vila-Nova de Foz Coa tamén participa o arqueólogo local Xurxo Ayán presentando o proxecto relacionado coa Memoria Histórica que levou a cabo en Cambedo, na raia portuguesa.

Intervención no congreso “Fazer com Tod@s”

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...