InicioMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Monforte pon en marcha a limpeza do Parque dos...

O Concello de Monforte pon en marcha a limpeza do Parque dos Condes

Este luns, día 3 de xuño, comezaron os traballos de acondicionamento da lagoa de cara ao verán, que inclúen a retirada de lodo e o desbroce da contorna.

Publicado o

- Advertisement -

Na mañá deste luns deron comezo os traballos de limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes, en Monforte de Lemos. As brigadas do Concello comezaron por baleirar a auga cunha bomba para, posteriormente, retirar o lodo acumulado durante o pasado inverno coa axuda de maquinaria pesada.

En relación a esta operación de limpeza, o alcalde José Tomé destacou a importancia de manter en bo estado o Parque dos Condes. Tomé afirmou que se trata “dunha das zonas que atrae un maior número de turistas e tamén un dos lugares máis visitados polos veciños”. Deste xeito, o investimento municipal adicado ao acondicionamento deste espazo é duns 5.000 euros.

Para complementar estes traballos, a brigada de operarios municipais está, ademais, a desbrozar o entorno da lagoa; coa intención de preparar esta área natural de cara ao verán.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...