O Courel aposta polo turismo científico

A Deputación de Lugo presentou novas liñas de acción para promover as montañas do Courel e os Ancares.

Soutos folgoso do Courel

O pasado mércores día 12 foron presentadas na Deputación de Lugo as novas liñas de acción deste organismo para impulsar as Montañas do Courel e os Ancares, que inclúen a promoción do turismo científico nestas áreas.

Así, crearase un grupo de traballo formado por profesionais, institucións e colectivos con experiencia no turismo científico; co obxectivo de que estes aporten información que permita seguir implementando melloras. Este grupo de traballo reunirase en dúas ocasións, a primeira e máis importante na I Xornada de Turismo Científico, celebrada o vindeiro 6 de xullo en Seoane do Courel. Estará aberta ao público e contará cun obradoiro sobre creatividade e modelos de negocio con prazas limitadas (pódese realizar a inscrición nesta ligazón).

Doutra banda, a Deputación habilitará unha páxina web na que o público poderá descargar unha guía de Turismo Científico con 50 puntos de interese nestas montañas. Tamén se poderá consultar información sobre cinco novos itinerarios temáticos sobre xeoloxía, botánica, ecoloxía, zooloxía e arqueoloxía. Para conseguir unha óptima difusión deste proxecto tamén se presentou un vídeo promocional titulado “Turismo Científico: Montañas de Ancares e Courel, Destino de Turismo Científico”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here