Asociacións ecoloxistas piden a paralización urxente do Parque Eólico da Serra de Oribio

ADEGA e SGO denuncian que a empresa responsable do parque eólico podería estar incurrindo nun delito.

Parque eólico | Fonte: DUVI.

A Asociación para a Defensa Ecoloxista de Galiza (ADEGA) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) pedíronlle á Xunta de Galicia que paralice “de inmediato e de forma
cautelar” as que semellan ser as obras do Parque Eólico Serra do Oribio, desenvoltas no Courel. Se se confirmase que eses traballos se corresponden coas obras deste parque eólico, a empresa promotora, Fergo Galicia Vento S.L., podería estar incurrindo nunha ilegalidade, xa que o expediente de modificación do proxecto que solicitou aínda non foi correctamente resolto pola Consellería de Industria.

Estas organizacións tamén sinalan que Galicia Vento podería estar cometendo un delito penal, debido a que estas obras estarían situadas nun espazo natural da Rede Natura 2000, nas que non están permitidos os parques eólicos, agás a repotenciación dos xa existentes. Ademais, os terreos nos que se está a actuar están catalogados como “área potencial” no Plan de Recuperación do Oso Pardo.

Fotos da desfeita. Adega

A asociacións ADEGA comunicou que xa advertiu destes feitos ao Seprona e ás Consellarías de Medio Ambiente e de Cultura para que leven a cabo a comprobación das obras e tomen medidas, se procede.

Obras realizadas de xeito irregular. Foto: Adega

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here