InicioMedio ambiente e PatrimonioA defensa da Serra de Oribio mobiliza os concellos de Samos e...

A defensa da Serra de Oribio mobiliza os concellos de Samos e Triacastela

O pasado sábado 6 de xullo tiveron lugar unha serie de manifestacións en contra do proxecto de parque eólico na Serra de Oribio.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado sábado 6 de xullo tivo lugar unha xornada-lúdico reivindicativa en contra do Parque Eólico Serra de Oribio, proxectado pola empresa Fergo Galicia Vento. Diversos colectivos como a A.C. O Iribio, ADEGA, Equo Galicia e a Plataforma Galega de Defensa Animal, entre outros, participaron en dúas mobilizacións, unha ao mediodía diante da Casa do Concello de Samos e outra media hora máis tarde en Triacastela. Estas concentracións tiñan como esixencia principal a paralización definitiva do parque eólico.

Ás mobilizacións tamén acudiron persoas doutras comarcas galegas como Bergantiños, Compostela ou a Costa da Morte, onde existen outros proxectos eólicos polémicos por ameazaren a paisaxe e o patrimonio da súa contorna. Posteriormente, realizouse un ascenso simbólico a pé á serra que finalizou cun xantar popular na zona máis afectada polos traballos do parque eólico.

No mes de xuño, diversos representantes de asociacións ecoloxistas denunciaron ante o Seprona, as Consellarías de Medio Ambiente e Cultura, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e os Concellos de Samos e Triacastela que se estaban a realizar traballos con maquinaria pesada na Serra de Oribio sen dispoñer de licenza de obra. O 18 de xuño anunciouse a paralización cautelar das obras, pero os ecoloxistas denuncian que isto non impediu que se destruísen varios treitos do Camiño Real de Vilafranca a Monforte e outros elementos como as medorras do Fial e de Camporrapado.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...