A Xunta amplía a súa rede de información metereolóxica en Monforte e Sarria

A través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda instalarase unha estación metereolóxica en Monforte e unha pantalla en Sarria.

Temporal Galicia, vento, choiva, mal tempo. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a modernizar o sistema de dispositivos de seguemento e información metereolóxica e de calidade do aire. Por iso, nas últimas semanas comezou a instalación de tres pantallas de información e unha estación metereolóxica en Monforte de Lemos e unha pantalla en Sarria.

Pantalla de información metereolóxica en Monforte / Cedida

Esta nova estación metereolóxica en Monforte formará parte dunha rede de máis de 150 dispositivos en Galicia, dotados de sensores de velocidade e dirección do vento, humidade, presión, choiva, temperatura do aire e temperatura do chan. Con esta información é posible, entre outras cousas, detectar fenómenos adversos e predicir o tempo. Pola súa parte, as pantallas de información obedecen ao obxectivo da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático de mellorar a información que reciben os cidadáns sobre posibles eventos ou fenómenos metereolóxicos extremos.

Estes dispositivos únense a unha rede de máis de 150 instrumentos metereolóxicos coa última tecnoloxía por toda a xeografía de Galicia. Con todo, a información que proporcionarán as pantallas será específica para o lugar, diferenciando os datos de interese segundo a zona e a estación.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here