InicioMedio ambiente e PatrimonioPremios por descubrir vertedoiros ilegais en Pantón

Premios por descubrir vertedoiros ilegais en Pantón

O colectivo Segredos de Pantón vén de lanzar nas redes sociais unha campaña para atopar depósitos de lixo non habilitados que prexudican gravemente os montes pantoneses.

Publicado o

- Advertisement -

Atopar e rematar cos puntos negros de acumulación de lixo ilegais que hai no Concello de Pantón é a nova cruzada na que se embarcou o colectivo dinamizador Segredos de Pantón.

A orixinal iniciativa, bautizada como “cacemos xuntas os vertedoiros ilegais“, consiste en facer partícipes a todos e todas aqueles cidadáns que teñan conciencia medioambiental e queiran un Pantón limpo e sen montes contaminados polo lixo tirado de forma irregular e irresponsable. Para participar, a xente ten que enviar unha imaxe do punto de vertido ilegal que atopen e a súa ubicación a través das redes sociais do colectivo, por correo electrónico ou ao teléfono 662 669 223 vía WhatsApp.

Esta campaña comezou o pasado 19 de xullo e alongarase ata o 30 de setembro. Ao remate do prazo indicado, as 3 persoas que máis lugares atopen e denuncien terán os seguintes premios:

1º Premio: 1 Lote de produtos ‘O Fogar Dos Soños’ (Un coxín, unha bolsa reciclada, un xabón, un champú sólido e un ungüento) + 1 botella de Vertixe e 1 de Oh my God.

2º Premio: 1 Botella de mencía de Almanova de Alma Das Donas Adega + 1 bote de mel e unha botella de aceite da Panadería Tarrazo.

3º Premio: O libro “O raposo Rufo en O coidado do medio” de Estudio Gnomo.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...