InicioMedio ambiente e PatrimonioMáis motobombas para combater incendios

Máis motobombas para combater incendios

A Consellería do Medio Rural vén de presentar a renovación de 22 motobombas do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais.

Publicado o

- Advertisement -

Once destes vehículos foron entregados na Cidade da Cultura no día de onte polo conselleiro do Medio Rural, José González, a distintos distritos forestais.

O responsable do Medio Rural destacou a aposta que está a facer a Xunta pola “profesionalización deste servizo público, único e versátil tanto para prevención como para extinción”, o que implica, segundo explicou, melloras tanto no ámbito do persoal como dos recursos materiais. Neste sentido, sinalou que o custo de cada unha destas motobombas supera os 217.000 euros, polo que só nestes 22 vehículos a Consellería do Medio Rural investiu preto de 5 millóns de euros na súa renovación.

Na comparecencia de González coa prensa lembrou o investimento que realizou o Goberno da Xunta de Galicia estes últimos anos. Deste xeito indicou que dende 2013 renováronse 77 motobombas, preto do 50% das motobombas que ten o servizo, que está estruturado en 19 distritos forestais. Polo tanto, o conselleiro insistiu no esforzo que fai Medio Rural para que o persoal de incendios dispoña do mellor material e dos mellores medios para loitar contra os incendios forestais na nosa comunidade.

Ademais, o conselleiro do Medio Rural sinalou que destes cambios tamén se benefician os concellos, xa que se lles van cedendo gradualmente aquelas motobombas en bo estado para que sexan utilizadas polas brigadas municipais. Así, avanzou que este ano se entregarán seis vehículos motobomba de segunda man a varios municipios, co fin de mellorar o traballo que se realiza desde as brigadas municipais e contribuír deste xeito a renovar o seu parque móbil.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...