InicioMedio ambiente e PatrimonioFaladoiros sobre etnografía, patrimonio e desenvolvemento

Faladoiros sobre etnografía, patrimonio e desenvolvemento

Este sábado 17 de agosto, dentro das III Xornadas Folión de Carros, o Auditorio Municipal de Chantada acollerá unhas sesións divulgativas arredor destes temas no contexto da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Amigos do Folión organiza unha interesante xornada cultural na que se expoñerán tres temas sobre os que falarán persoas de diferentes ámbitos compartindo coñecemento e aportando a súa visión sobre eles.

O escenario para este foro é o Auditorio Municipal do Concello de Chantada e o acto inaugural terá lugar ás 10:30 h. para comezar a xeira ás 11:00 coa conferencia inaugural “La fiesta como patrimonio inmaterial” a cargo de Honorio Velasco Maillo, catedrático de Antropoloxía Social e Cultural da UNED.

Tras unha breve pausa-café de 12 a 12:30 h. desenvolverase a primeira sesión, na que os interviñentes falarán sobre “Patrimonio inmaterial: manifestacións culturais con carro tradicional”. Xunto con Guillermo Rodríguez, da Asociación Amigos do Folión, contarán a súa experiencia na recuperación etnográfica da tradición dos carros a Asociación del Carro Típico Leonés que organizan a festa dos “Carros engalanados de León” e  xente da Ronda “La Esperanza” -de Requejo (Cantabria)- que falarán sobre o “Desfile de carretas de Reinosa”. A sesión matinal rematará coa actuación desta Asociación de Cantabria. Nesta Mesa 1 modera Xavier Viana, da Asoc. Amigos do Folión.

Xa pola tarde, ás 17:00 h. retomarase a actividade coa Mesa 2 que leva por título “Patrimonio na Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra”. Un oleiro, unha guía do románico, un fotógrafo e un investigador amosarán o seu punto de vista sobre o tema moderados polo Director do Ecomuseo de Arxeriz, José A. Quiroga.

Ás 18:15 h. farase un acto homenaxe aos socios fundadores da Asociación Amigos do Folión.

A última sesión do día chegará ás 18:30 h. baixo o título “Cultura e desenvolvemento económico local”.  Nesta mesa coincidirán un hostaleiro, un adegueiro, unha queixeira e unha xornalista. Modera Mónica de la Torre -Dpto de Hostalería e Turismo do IES Val do Asma-.

Na recta final da xornada farase a entrega de galardóns Folión 2019 ao gandeiro/a de honra, ao mestre/a carroceiro/a e ao socio/a honorífico/a; e despois da clausura oficial, ás 20:00 h., terá lugar a presentación e proxección do video-documental “Folión de Carros 1981”,  de Miguel Carbonell.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...