InicioMedio ambiente e PatrimonioA Cova de Eirós revélanos o modo de vida dos neandertais de...

A Cova de Eirós revélanos o modo de vida dos neandertais de Galicia

Os traballos arqueolóxicos e as escavacións na Cova Eirós, no concello de Triacastela, revelaron o modo de vida dos neandertais no Paleolítico medio de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos arqueolóxicos realizados na Cova de Eirós correron por conta de membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste, Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Santiago e do Instituit de Paleocología Humana i Evolució Social de Tarragona. A actuación que foi financiada pola Consellería de Cultura e Turismo remataba esta semana despois de intensar semanas de traballo.

Os seus labores permitiron afondar no coñecemento dos modos de vida dos neandertais que durante o Paleolítico viviron na cova, e ao mesmo tempo, permiten o “achegamento das formas de explotación dos recursos do territorio galego”, explican desde a USC.

O reitor da Universidade, Antonio López, destaca a relevancia das investigacións lideradas polo catedrático da USC Ramón Fábregas, e puxo de manifesto as novas posibilidades de estudo e a abondosa información das pezas de restos líticos e ósos. Nas intervencións arqueolóxicas atopáronse ósos queimados con marcas de corte, o que demostra que cazaban cervos, tanto para o seu consumo como para o “aproveitamento das súas peles”, relata Fábregas.

O investigador sinala que os restos líticos, con núcleos e instrumentos retocados, indican que “tallaron as súas ferramentas en cuarzos locais”. As ferramentas en cuarcita demostran a “gran complexidade técnica” destes grupos e da súa “pericia”.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...