As estradas dependentes da Xunta terán as marxes limpas

As labores de limpeza das marxes das estradas da provincia de Lugo pertencentes á Xunta prevese que estén finalizadas a finais de xuño

Labores de desbroce/Twitter

As marxes 1.490 quilómetros das estradas autonómicas na provincia de Lugo serán limpas ata finais de xuño, segundo o Delegado Provincial de Lugo da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro.

As actividades de roza de vexetación nas marxes das estradas iniciáronse en maio por aquelas zonas onde a vexetación, por particulariddes climáticas ou biolóxicas, presentaban un estado máis avanzado. Estes traballos realízanse sempre na primavera e o verán que é cando xa xerminaron as especias herbáceas, con tempo seco, e consisten na sega da vexetación a e extensión de herbicida para atrasar no posible a aparición de novas plantas.

obxectivo

A limpeza das marxes das estradas realízase para incrementar a seguridade na circulación ó mellorar as condicións de visibilidade e diminuír a presenza de materia potencialmente esvaradía. Optimiza a capacidade de evacuación dos sistemas de drenaxe da estrada evitando estancamentos por vexetación e favorece a percepción da irrupción de animais na calzada con maior antelación, permitindo dispoñer dun maior tempo de reacción ó condutor para evitar posibles colisións. Finalmente, estas actuacións tamén incrementan a efectividadade como cortalume en caso de incendio e o aspecto despexado disuade de posibles vertidos incontrolados.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here