Prohibidas as queimas agrícolas e forestais ata novo aviso

A Consellería do Medio Rural informa desta prohibición tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días.

Lume no monte. Foto: Prensa Medio Rural

A decisión ten como fundamento a normativa de aplicación para estes casos, o Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais. As prediccións meteorolóxicas para este comezo de mes son argumento de peso para non conceder comunicacións nin autorizacións de queimas nas actividades agrícolas e forestais.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración á cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, tanto ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como a través do teléfono anónimo de denuncias destas condutas, o 900 815 085.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here