InicioMedio ambiente e PatrimonioMonforte aspira a ser referente na reciclaxe de vidro involucrando á hostalería

Monforte aspira a ser referente na reciclaxe de vidro involucrando á hostalería

A campaña, que se desenvolverá en coordinación con Ecovidrio, será desenvolta por técnicos ambientais que informarán sobre a ordenanza municipal que recolle a obrigatoriedade de separar selectivamente os residuos.

Publicado o

- Advertisement -

A campaña reforzará as accións de sensibilización ós locais en materia de reciclaxe de envases de vidro. Tamén será reforzada a dotación de medios a hostaleiros co fin de facilitar a tarefa de recollida selectiva.

No ano 2018, segundo datos facilitados por Ecovidrio, Monforte reciclou 282.730 kg de vidro nos 120 contedores que hai repartidos polo municipio, situándose con 15,2 kg por cada habitante na media da provincia. No que vai de ano, o crecemento alcanza xa un 5,2% sobre o mesmo período do ano anterior, polo que con esta nova acción, o que se pretende é conseguir resultados históricos na reciclaxe de vidro que fagan de Monforte un referente na recollida de vidro de toda a provincia de Lugo.

Para levar adiante esta iniciativa, porase en marcha un traballo de campo a cargo de técnicos medioambientais para reforzar o coñecemento das ordenanzas municipais en materia de reciclaxe de envases de vidro. Do mesma xeito, promoverase a sensibilización sobre os beneficios ambientais e aforros económicos que a reciclaxe xera para o Concello.

Así, prevese, nunha primeira fase da campaña que, durante arredor de semana e media, sexan visitados uns 120 locais de hostalería. Posteriormente, elaborarase un informe descritivo de todos os locais visitados, indicando os comentarios e necesidades prantexados polos hostaleiros.

O sector hostaleiro xera case o 50% dos residuos de envases de vidro dun só uso que se comercializan en España, polo que é un sector crave para a consecución de obxectivos de reciclado. Por iso, avanzar na implantación de hábitos sostibles no sector supón unha mellora significativa na loita contra o cambio climático.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...