InicioMedio ambiente e PatrimonioSober busca en Proendos, restos dunha vila romana

Sober busca en Proendos, restos dunha vila romana

O Concello de Sober comeza, este 21 de outubro, os traballos de prospección en Proendos na procura dunha vila romana. A empresa encargada de acometer a intervención probará ao longo do día de hoxe a técnica a empregar; xeorradar e gradiómetro.

Publicado o

- Advertisement -

A empresa encargada da prospección, Estela Arqueoloxía e Patrimonio, dedicará o día de hoxe a probar dúas técnicas para elixir a que mellor se adapta aos traballos. Dun lado, probarán o xeorradar e tamén un gradiómetro para decidir cal das dúas técnicas mide mellor o substrato sobre o que farán a intervención.

Grazas a estes aparatos que emiten pulsos e fan comparativas co terreo poden obter información sobre o que hai no subsolo, fosas ou restos, no que se coñece como a fase de prospección. É un traballo previo á escavación arqueolóxica, que se levaría a cabo nunha segunda fase.

Os traballos, que se prolongarán durante toda a semana, vanlles permitir saber por onde van os muros e os restos que quedaron baixo a terra para poder cartografialos e facer mapas de localización.

Posibilidade de atopar unha vila romana

Trátase dunha zona de especial valor arqueolóxico na que xa foi documentado un xacemento e unha tumba do alto medievo. Fran Alonso, director da prospección, explica que o que esperan atopar é “unha vila romana” pola abundancia de material romano que xa ten sido documentado na zona.

As prospeccións levaranse a cabo nunha área dunhas cinco hectáreas partindo da contorna da igrexa parroquial de Santa María, de orixe románico. Suponse que nesta zona pode estar concentrada a maior parte dos restos da antiga poboación.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca a importancia de poder recuperar este patrimonio oculto rastreando gran parte da cabeceira da parroquia para detectar a presenza de antigas construcións no subsolo. “Sería unha maneira de ter máis información sobre o noso Concello e un novo reclamo para visitalo”, precisa.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...