InicioMedio ambiente e Patrimonio"Entrar na Ruta Cultural Europea do Románico atraería un turismo de calidade...

“Entrar na Ruta Cultural Europea do Románico atraería un turismo de calidade importantísimo para a Ribeira Sacra”, Isabel Aguirre

"Aínda que orixinalmente parece que foron os romanos; pero os mosteiros foron os que máis potenciaron e promoveron o cultivo da vide. Hai unha ligazón directa entre a vida dos mosteiros e os cultivos na Ribeira Sacra, fundamentalmente do viño", comenta a arquitecta Isabel Aguirre da Fundación Juana de Vega, promota da xornada “A importancia do románico no Camiño de Inverno”

Publicado o

- Advertisement -

O Parador Nacional de Monforte de Lemos acolle os días 15 e 16 de novembro a xornada, “A importancia do románico no Camiño de Inverno”, actividade promovida pola Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo para a realización de proxectos de dinamización do Xacobeo 2021.

Falamos con Isabel Aguirre, arquitecta pola Universidad da Coruña, directora da Escola Galega de Paisaxe da Fundación Juana de Vega e responsable da conferencia de apertura das xornadas o día 15 ás 10.30, baixo o título “O románico na paisaxe da Ribeira Sacra”. Cal é o obxectivo das xornadas?

Mirando os itinerarios culturais europeos hai un itinerario, a rede Transrománica ou Ruta Cultural Europea do Románico e vin asombrada que Ribeira Sacra non está nese itinerario cultural. Unha zona que ten a maior concentración de románico rural de Europa, que non estivese no roteiro do románico era como absurdo. Entón decidimos poñer en marcha unha xornada para poñer en valor o románico deste territorio e tomar medidas para que sexa incluido na Rede Transrománica. Tamén queremos que a xornada axude a divulgar máis os valores da Ribeira Sacra de cara a converterse en Patrimonio da Humanidade

Qué suporía para a Ribeira Sacra formar parte da Rede Transrománica?

É moi interesante estar neste tipo de roteiros europeos porque hai moita xente percorrendo estes roteiros e é un turismo de calidade, un tipo de turismo que se debería de promover na Ribeira Sacra. Canta xente fai o roteiro do barroco, o dos palacios do Loira, o das cidades históricas? Neses itinerarios europeos de carácter patrimonial está a Ruta Cultural Europea do Románico, que penetra en España nos Pirineos e cruza cara Portugal sen pasar por Galicia, polo que sería moi importante que entrara na Ribeira Sacra. Iso daríalle un valor enorme e atraería a un turismo interesantísimo.

Que pasos habería que seguir para entrar na Ruta Cultural Europea do Románico?

Cando fagamos as conclusións da xornada veremos cómo se tería que xestionar esta incorporación. Para as xornadas eliximos dous coordinadores, Pedro Calaza; Doutor Arquitecto da Paisaxe e Doutor Enxeñeiro Agrónomo, Experto en Planificación e Proxectos de Paisaxe e Rosario Correia Machado, Directora do Centro de Estudos do Románico e Copresidenta científica da Rota do Románico. Con eles e coa participación dos intevenintes na xornada, sería importantísimo que se apoiara que a Ribeira Sacra entre neste Roteiro do Romámico, e xa estudaremos todos os mecanismos que hai que seguir. Formar parte destes roteiros supón pagar unha cota, polo que hai que ver se se paga por igrexa ou polo conxunto da zona que a priori parece o máis sensato, pero o que é certo e que tería una gran repercusión económica na zona especialmente cara o turismo de calidade, e reforzaría o que xa vén polo Camiño de Inverno.

Gloria Prada e Isabel Aguirre na presentación das xornadas / Concello de Monforte

O día 15 ás 10.00 inaugúrase a xornada, para ás 10.30 contar coa primeira conferencia que correrá por conta de Isabel Aguirre, “O románico na paisaxe da Ribeira Sacra”. Que significa o románico para a paisaxe da Ribeira Sacra?

Románico e paisaxe na RibeiraSacra é algo inseparable en moitos sentidos. Non só desde o punto de vista arquitectónico, que son uns fitos na paisaxe esas igrexas e mosteiros. Esas igrexas e mosteiros tiveron moito que ver co viño e outros cultivos nesta zona. Aínda que orixinalmente parece que foron os romanos; pero os mosteiros foron os que máis potenciaron e promoveron o cultivo da vide. Hai unha ligazón directa entre a vida dos mosteiros e os cultivos na Ribeira Sacra, fundamentalmente do viño.

Entón, temos primeiro aos romanos onde o Camiño de Inverno é tamén moi importante porque segue moitas das vías romanas por onde os romanos levaban o ouro que explotaban das minas e despois, na época monacaldáselle unha vida enorme á RibeiraSacra; esa vida que agora se está recuperando e recupérase co viño e os mosteiros.

Programa das xornadas

As xornadas son de balde e están abertas ao público en xeral tras previa inscrición; especialmente destinadas a todos aqueles interesados no rol da paisaxe, o patrimonio e no desenvolvemento socioeconómico dos territorios, especialmente no da Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago.

Despois da conferencia de Isabel Aguirre, o resto do programa é o seguinte:

  • 11.30 – 12.00 Coloquio participativo.
  • 12.00 – 12.30 Café
  • 12.30 – 13.30 Conferencia: “A Ruta Cultural Europea do Románico”. Rosário Correia Machado. Coordinadora das xornadas.
  • 13.30 – 14.00 Coloquio participativo.
  • 16.00 – 19.00 Visitas culturais no Camiño de Invierno e na Ruta do románico da Ribeira Sacra.

Sábado 17 de novembro

  • 10.00 – 11.00 Conferencia. “Unha fronteira que non existe. Nexos galegos na arte románico portuguesa”. Paulo Almeida Fernandes. Centro de Estudos en Arqueoloxía, Artes e Ciencias del Patrimonio da Universidade de Coimbra.
  • 11.00 – 11.30 Coloquio participativo
  • 11.30 – 12.00 Café
  • 12.00 – 13.00 Conferencia: “Rota do Românico – Repositorio Artístico na visita interpretada”. José Augusto Costa. Historiador e Guía Interprete da Rota do Románico
  • 13.00 – 13.30 Coloquio participativo e reflexións conxuntas.
  • 13.30 – 14.00 Conclusións e propostas de integración do románico da Ribeira Sacra na Ruta Cultural Europea do Románico.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...