Denuncian o total abandondon dun santuario rupestre calcolítico recuperado das obras da vía entre Nadela e Sarria

O Bolo de Belote, un suposto santuario rupestre, completamente rodeado de vexetación / Xabier Moure

No ano 2006, durante o control arqueolóxico das obras de construción da estrada de alta capacidade entre Nadela e Sarria, apareceu unha gran pedra granítica con varias cazoletas gravadas na súa superficie e arrodeada por un círculo lítico de pedras fincadas delimitado por unhas foxas lonxitudinais que podería conformar un novo anel delimitador.

Unha vez realizadas as escavacións, optouse por trasladala do lugar orixinal e se reubicou preto da zona orixinal pero recuperando a morfoloxía e orientándoa e nivelándoa de forma que mantivese a relación espacial co seu ámbito. Segundo Juan A. Cano Pan, o arqueólogo encargado dos traballos, o xacemento, coñecido como o Bolo de Betote, pode encadrarse no período Calcolítico, cunha antigüidade que ronda os 4.000 anos. Pero hoxe ese santuario, tal e como denuncia Patrimonio dos Ancares está completamente abandonado e tapado polas silveiras. Toda a información en Historia de Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here