A xustiza desestima o recurso da Xunta para levantar a suspensión das obras do megaparque eólico do Oribio

O alto tribunal galego é moi crítico cos argumentos da Xunta e da empresa.

Protesta nas obras da Serra de Iribio / ADEGA
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) volveu darlle un novo toque de atención severo á Xunta tras desestimar o recurso interposto pola Consellería de Industria contra o auto do pasado 16 de outubro no que o alto tribunal galego acordaba a supensión do megaparque eólico do Oribio.
Nunha nova sentenza en resposta á denuncia inicial da entidade ambientalista Petón do Lobo, o TSXG desestima as alegacións da Xunta para evitar a suspensión provisionalmente do acordo do Consello da Xunta do pasado 27 de xuño, así como as súas disposicións normativas, nas que se daba vía libre á continuación das obras do megaparque eólico na Serra do Oribio, entre os concellos de Samos e Triacastela.
O alto tribunal galego entende que, mentres que non se actualice a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto xa que data de 2005, e mentres non se xustifique a prevalencia do uso “pretendido pola Xunta ao aprobar o proxecto industrial”, as obras deben de ser paralizadas. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here