InicioMedio ambiente e PatrimonioPremios de fotografía e proxección audiovisual arredor do Camiño de Inverno

Premios de fotografía e proxección audiovisual arredor do Camiño de Inverno

A Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra vén de facer público o fallo do seu III Concurso de Fotografía e ten programada unha interesante proxección audiovisual para o domingo 2 de febreiro na Casa da Cultura de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O III Concurso de Fotografía do Camiño de Inverno xa coñece aos tres gañadores. O primeiro premio é para a obra “Entre sol e sombra de ouro”, fotografía do valdeorrés Luís Prada Ferrer na que inmortaliza As Médulas. Dáse a casualidade de que este rapaz xa conseguira o 3º premio o pasado ano no II Concurso Fotográfico do Camiño de Inverno. O premio comprende 250 euros e unha ampliación de 50×70 doada por Arcadio Fotografa de Monforte. O segundo premio, baixo o título “Puente Medieval sobre o río Cabe” (Monforte de Lemos) levouno o coñecido monfortino, fotógrafo afeccionado, Antonio Cortiñas Cortiñas. O premio é de 150 euros. O terceiro premio foi para Manuel Juan Otero Pérez, do Barco de Valdedorras, pola fotografía, “Primaveira e Ponte medieval sobre o río Sil en Sobradelo” (Carballeda de Valedorras). Ten un premio de 100 euros.

O xurado estimou dar un accesit, sen valor económico, a Mª Teresa Hernández Merino de Salamanca pola súa obra: “Entre Cruces” no Faro. Os dereitos sobre as obras pasarán quedan cedidos á asociación organizadora que poderá usalas para exposicións, portadas de libros ou cartelería que promova o Camiño de Inverno.

Noutra orde de cousas, e seguindo coa continua actividade desta entidade, este domingo 2 de febreiro presentarán o documental “Camiño de inverno a Santiago”, obra audiovisual de Jaime Pardo Valdés. A proxección será ás 13:00 h. na Casa da Cultura de Monforte de Lemos.

CAMBIOS ASOCIATIVOS PARA MEDRAR

A Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra inicia este novo ano levando á Asemblea Xeral de Socios unha modificación dos seus estatutos co obxectivo de ampliar o seu alcance de acción ao ámbito autonómico. O cambio vén motivado polo desenvolvemento das súas actividades que xa hai anos pasaron do ámbito da Ribeira Sacra ás catro provincias galegas por onde discorre o trazado do Camiño de Inverno. Tamén aproveitarán para iniciar o procedemento que a leve a ser declarada de utilidade pública.

Percorrido Camiño de Inverno a Santiago

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...