InicioMedio ambiente e PatrimonioChantada acollerá unha xornada para analizar o impacto paisaxístico do Camiño de...

Chantada acollerá unha xornada para analizar o impacto paisaxístico do Camiño de Inverno

Esta segunda 'workshop' internacional celebrarase dos días 2 ao 6 de marzo e traballará arredor do tramo Monforte-Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

A Fundación Juana de Vega, a través da Escola Galega da Paisaxe e co apoio de Turismo de Galicia, organizará este mes de marzo a segunda edición dos workshops internacionais da paisaxe. O título baixo o que se enmarca a xornada é o de ‘Tras as pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra’.

Logo do workshop celebrado no mes de setembro, dedicado ao tramo entre Quiroga e Monforte, nesta segunda edición traballarase arredor do tramo Monforte de Lemos-Chantada. O programa está coordinado polo doutor en arquitectura e experto en turismo Mario Crecente, e terá lugar do 2 ao 6 de marzo no Auditorio Municipal de Chantada.

O obxectivo principal do curso é analizar a paisaxe e o patrimonio da Ribeira Sacra, así como propoñer estratexias de delimitación, intervención e desenvolvemento a partir dun traballo multidisciplinar con estudantes, expertos e profesionais.

O CAMIÑO DE INVERNO

O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia desde a meseta, seguindo a canle do río Sil. Trátase dun acceso xa usado polos romanos e utilizado polos peregrinos como alternativa ao coñecido Camiño Francés.

Recollido oficialmente como patrimonio da Xunta de Galicia desde 2016, foi elixido por 555 peregrinos en 2017 e por 703 no 2018. No seu tramo galego percorre espazos como o Parque Natural da Serra da Enciña da  Lastra, a contorna natural do río Deza e a Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...