VÍDEO: “Hoxe quedas na casa para…”

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra fai público un vídeo no que reúne mensaxes dos concellos con recomendacións para gozar de Ribeira Sacra cando todo isto pase.

Canón do Sil . Foto: XMF

O ente turístico que dinamiza Ribeira Sacra fixo público nas redes sociais este domingo, 5 de abril, un vídeo no que colaboran representantes dos diferentes concellos que integran este territorio.

No traballo audiovisual, que comeza cun “hoxe quedas na casa para…”, envíanse mensaxes encamiñadas a crear ilusión para a volta á normalidade despois do confinamento e fan recomendacións patrimoniais e paisaxísticas emblemáricas de cada un dos seus municipios.

O vídeo remata deste xeito: “Hoxe queda na casa para vir ou volver mañá, precisámoste máis que nunca”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here