InicioMedio ambiente e PatrimonioAntonio Rigueiro, “a maioría da poboación está a favor da volta do...

Antonio Rigueiro, “a maioría da poboación está a favor da volta do oso pardo ao Courel”

Así o afirma o director da Estación Científica do Courel, dependente da Universidade de Santiago de Compostela, ao tempo que estima en dous ou tres exemplares o número deles na serra.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- A Estación Científica do Courel (ECC), está ligada á Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, e está a converterse no centro loxístico e campamento base dos investigadores no programa Life Oso Courel, un proxecto europeo no que a institución académica colabora coa Fundación Oso Pardo.

Antonio Rigueiro, que ademais de director desta estación científica é catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC, recoñece que o traballo que vén desenvolvendo o proxecto Life Oso Courel é de gran valor e que serve ademais para “sensibilizar á poboación local dos beneficios socioeconómicos que pode reportar a presenza desta especie”. Abondando neste argumento afirma que as  avantaxes “serán superiores aos estragos que lles podan causar aos produtores locais” e que “se atrevería a dicir que a maioría da poboación co Courel está a favor da volta do oso pardo a unhas montañas nas que xa viviu ata hai pouco máis dun século”.

as  avantaxes “serán superiores aos estragos que lles podan causar aos produtores locais”

Segundo informan tamén dende o gabinete de comunicación da USC, os promotores do Life Oso Courel acometeron nas últimas semanas accións orientadas a converter as serras courelás en hábitats máis acaídos para o oso. Neste senso leváronse a cabo traballos de reforestación en determinadas áreas de montaña e da plantación de especies arbóreas cuxo froito serva de alimento para esta especie.

A última campaña de plantacións realizadas ao abeiro do proxecto rematou o pasado mes de abril, segundo comunicou a propia Fundación Oso Pardo, e as reforestacións fixéronse en oito montes veciñais en man común dos concellos de Folgoso do Courel e de Quiroga, así como en parcelas privadas despois de alcanzar acordos cos propietarios.

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...