InicioMedio ambiente e PatrimonioA urxente necesidade de introducir a natureza na vida cotiá

A urxente necesidade de introducir a natureza na vida cotiá

“Na nosa sociedade, a comodidade guía moito o comportamento do adulto cara ao neno. Aquí non nos baseamos niso nin no medo. Cando estes cativos chegan a unha educación estrutural teñen vivido todo o que necesitaban vivir ata ese momento e adaptaranse mellor ás novas situacións.” Noa Fernández

Publicado o

- Advertisement -

O confinamento levounos a botar en falta natureza e liberdade. Pensamos nos máis cativos e lembramos como foi a nosa infancia e a infancia que teñen agora as nenas e nenos, sobre todo nas cidades. Iso levounos a afondar nas alternativas e achegámonos aos espazos de aprendizaxe activa na natureza. “A liberdade que fomentamos aquí vai ligada á responsabilidade, sinala Noa Fernández de Espacio Foresta. “Nestes espazos deixamos que nenas e nenos sexan libres porque os nenxs teñen moitísimo criterio se lles deixas. Teñen unha madurez emocional, unhas capacidades de resolución de conflitos, de convicencia, de compartir e de empatizar que son incribles.”

Foresta / Noa Fernández, José Collazo

“Estas nenas e nenos non se aburren porque non están afeitos a que lles digan o que teñen que facer”

Foresta organiza nos veráns talleres na natureza nos que participan moitos dos rapaces que atenden durante o ano, pero tamén cativos que están escolarizados en infantil nos centros de ensino. Notan diferencias entre os nenos que se relacionan coa natureza e se educan en liberdade e o resto de nenos? Desde Foresta sinalan, “Cada neno é único, é difícil poder xeneralizar, pero si detectamos que os nosos nenos non teñen enerxías contidas, que os outros nenos só liberan cando saen ao recreo. Vemos que algúns dos nenos que veñen de fóra, a veces dinche que se aburren e non saben que facer. Os de aquí sempre teñen mil cousas que facer, non se aburren nunca.”

Foresta / Noa Fernández, José Collazo

“Aquí os nenos exploran e fano con responsabilidade porque ninguén lles di que van caer, sempre hai un adulto, pero non os axudan a subir. Estas nenas e nenos non se aburren porque non están afeitos a que lles digan o que teñen que facer. A nivel emocional medra con moita confianza en si mesmas e no seu corpo. Teñen posibilidades reais no seu día a día de coñecerse, coñecer os seus límites e superalos.”

A liberdade que fomentan nestes espazos vai ligada á responsabilidade

A liberdade que fomentan nestes espazos vai ligada á responsabilidade. Nestas idades é fundamental un movemento libre e constante, non ter carencias de atención ás súas necesidades. O resultado: nenas e nenos máis autónomos e con máis confianza. Nun entorno de natureza non hai medos impostos; “Na nosa sociedade, a comodidade guía moito o comportamento do adulto cara ao neno. Aquí non nos baseamos niso nin no medo. Cando estes cativos chegan a unha educación estrutural teñen vivido todo o que necesitaban vivir ata ese momento e adaptaranse mellor ás novas situacións.”

Que puido supoñer para os nenos e nenas de menos de 6 anos o confinamento, estar sen saír 2 meses. Noa Fernández fálanos do desabastecemento de material escolar por haber un maior consumo ao estar na casa e haber xente que, por primeira vez, compraba este tipo de material para a casa, “Nesta estapa houbo familias que era a primeira vez que compraban material escolar para ter na casa, por exemplo non tiñan ceras na casa tendo fillos. Falouse de familias pouco afeitas a encargarse dos seus fillos. Pero moitas outras si utilizaron o confinamento como oportunidade para estar con eles e facer actividades con eles, a nós traladáronnos iso.”

Foresta / Noa Fernández, José Collazo

Se os cativos pudieran ter saído no confinamento, como si se fixo coas mascotas, Noa Fernández asegura querer pensar que as familias terían sido responsables e respectarían as normas, Estamos nunha crise sanitaria e non tivemos en conta a saúde emocional e as necesidades dos nenos; o movemento, o aire, o sol. É certo que os nenos se adaptan a todo, pero supón un dano non poder pisar á rúa, moitos nenos cando pudieron saír non quixeron, é moi difícil saber o dano que lles supuxo isto.”

Desde Foresta din que viven da maneira que consideran respectuosa co medio e onde se atopan máis a gusto e aseguran que na súa contorna, en Gondomar, cada vez máis familias con nenos ven urxente introducir a natureza na vida cotiá, “Este tempo de confinamento dá para moitas reflexións, quédome coa necesidade do ser humano de convivir dunha maneira máis respectuosa; con como os animais viron a oportunidade de recuperar parte do seu espazo o que che fai pensar se necesitamos perder toda esta liberdade para que eles recuperen algo da súa. Nós e as persoas achegadas vivímolo como momento de conectar con nós mesmos e coas persoas que tiñamos á nosa beira.”

Artigos anteriores sobre espazos de aprendizaxe activa na natureza: Que lles estamos facendo aos nenos na nosa sociedade? E Os gardiáns do bosque.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...