‘Charlas desescaladas’, unha nova iniciativa da Pobra do Brollón

Proxección na Casa da Cultura do concello dunha charla en directo do arqueólogo local Xurxo Ayán ás 19:00 h. deste xoves 28 de maio.

Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón. Foto: Úrsula

O evento é de balde, dentro do Salón de Actos da Casa da Cultura Olga Novo, e respectaranse as medidas de seguridade recomendadas de hixiene, aforo e distanciamento entre o público asistente.

Os organizadores do evento -Terra Levis / MASAV- informan que “Xurxo Ayán fará unha xenealoxía da arqueoloxía no campo español dende finais do século XIX ata os nosos días. Esta desescalada historiográfica permitiranos valorar a capacidade, utilidade e eficiencia das arqueoloxías rurais comunitarias como ferramentas de futuro. Veremos como esta arqueoloxía sempre se fixo, alomenos ata o século XXI, dende unha perspectiva colonial, ao tratar aos últimos campesiños/as de Europa como subalternos e bos salvaxes que cómpre dinamizar e desenvolver”.

A charla será en castelán a través de videoconferencia.

Cartel do evento

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here