A igrexa de Santa Cruz do Incio camiño de ser declarada BIC

Publícase no DOG o inicio do procedemento para declarar BIC a igrexa de Santa Cruz, unha vez foron rematados os traballos de rehabilitación que o Goberno galego levou a cabo no templo e nos que investiron preto de 130.000 euros

Santa Cruz / Concello do Incio

O Concello do Incio agradece os traballos de rehabilitación que levou a cabo o Goberno galego na Igrexa da Cruz do Incio, aos que este martes, 2 de xuño, se suma a resolución no DOG da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural a igrexa de Santa Cruz.

A Xunta precisa que a igrexa de Santa Cruz do Incio posúe notables valores arquitectónicos e culturais dunha intensidade infrecuente no conxunto do patrimonio moderno de Galicia, xa que a súa natureza arquitectónica é dunha calidade excepcional debido aos seus valores espaciais, formais e construtivos que acadan un mesmo plano de excelencia.

Posúe, así mesmo, un conxunto moi notable de pezas mobles deseñadas tanto polo propio arquitecto e realizadas por artistas locais como polo escultor José Luis Sánchez Fernández ou o pintor José Luis Gómez Perales, que se integran perfectamente na propia igrexa. Consideran a obra de José Luis Fernández del Amo, proxectada en 1960, “mostra excepcional da arquitectura do Movemento Moderno en Galicia”.

Así, Patrimonio explica que a igrexa de Santa Cruz do Incio “posúe excepcionais valores arquitectónicos e culturais dunha intensidade infrecuente no conxunto do patrimonio moderno de Galicia, xa que a súa natureza arquitectónica é dunha calidade destacable debido aos seus valores espaciais, formais e construtivos que acadan un mesmo plano de excelencia”.

O alcalde, Héctor Corujo, destaca o investimento de 128.947,44 euros que o Goberno galego acometeu para a rehabilitación do templo, traballos aos que agora se suma “esta boa nova”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here