InicioMedio ambiente e PatrimonioA Torre de Vilamirón, a aldea de Pantón onde unha raíña de...

A Torre de Vilamirón, a aldea de Pantón onde unha raíña de España perdeu ó seu fillo

O colectivo Segredos de Pantón levou a cabo nos últimos meses unha intensa labor de investigación e reconstrución da controvertida ubicación e historia da Torre de Quitapesares

Publicado o

- Advertisement -

Século XV. Entre os anos 1400 e 1450, o Duque de Arjona, Fabrique Enríquez moi coñecido pola súa afección á caza, ordenou construír a Torre de Quitapesares nun paso do Camiño Real, entre os ríos Miño e Sil. A edificación inicial estaba formada por dous corpos, unha torre de tres andares con entrada pola casa, a cal constaba de dúas alturas e un faiado. Como era costume na época, na parte inferior do inmoble ubicaríanse as cortes dos cabalos.

 

Reconstrucción en 3D de como sería a Torre de Quitapesares/Segredos de Pantón

Tras o levantamento deste conxunto creouse un asentamento composto por 8 vivendas construídas con restos de material sobrante de levantar a Torre de Quitapesares. Documentalmente, o primeiro en asentarse a carón da Torre de Quitapesares foi un ferreiro coa súa forxa.

O 6 de xaneiro de 1480 é a primeira data documentada onde se fai referencia á Torre de Quitapesares, data na que aforan no terreo Álvaro Fernández e a súa muller Constanza Fernández. Posteriormente, o 7 de xaneiro de 1482, afóranse catro veciños máis; Álvaro de Lornís e a súa muller María Gómez -o seu pai, Gómez da Touza, xa fora aforado anteriormente en Quitapesares- xunto con dúas persoas máis. Finalmente, no ano 1525, aséntanse no lugar Alonso Pérez coa súa muller, Tereixa Álvarez e outras dúas persoas máis.

Detalle do plano da Torre de Quitapesares/Segredos de Pantón

litixio

O 18 de maio de 1600 deu comezo o feito máis relevante con respecto á Torre de Quitapesares ata a época. O litixio que involucrou a Don Rodrigo Conde de Lemos co mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil sobre a propiedade da devandita torre.

ubicación da torre de quitapesares

A súa ubicación foi moi controvertida nos últimos anos por mor das sucesivas publicacións tras unha mala interpretación do escrito. Don Rodrigo, Conde de Lemos, o 17 de maio de 1591, e xa estando aforado Álvaro de Lornís, manifesta “la mi possa de Quitapesares, que yo tengo e está en el monte de Cotillón cerca de Pombeiro”. Debido a esta manifestación por parte do Conde sempre houbo a idea errónea de que a Torre se emprazara na aldea de Cotillón, en Acedre, de aí que comezasen as pesquisas de pensar que sería a casa do Xuíz a antiga Torre de Quitapesares.

Finalmente, tras un arduo traballo de investigación, chégase á conclusión de que a Torre resultou estar construída na actual parroquia de Ferreira de Pantón, onde a Torre de Vilamirón.

Para chegar a esta conclusión, os investigadores baseáronse nas seguintes afirmacións e traballos de campo.

  • Na toponimia gárdanse marcados lugares cun significado relacionado á torre. Así, o lugar denominado como “suatorre” fai referencia a debaixo da torre. O lugar denominado “forca”, clara alusión á construción para executar os condeados a morte e que está formada por dous paus verticais e outro horizontal colocados no extremo superior deste e do que colga unha corda cun lazo ademais de existir un prado chamado “Chaira da Forca”. Outra proba é que ó pé da Torre de Vilamirón está o pobo de Vilamirón, lugar relacionado co lugar de Penamirón, onde se atopa un castro, e de aí a derivación do seu nome. Co paso dos anos, a proximidade da Torre de Quitapesares a Vilamirón deu como resultado a coñecida Torre de Vilamirón.
  • No Couto de Pombeiro antes da súa integración no de Santo Estevo de Ribas de Sil, non estaba comprendido o lugar de Cotillón. Sábese fehacientemente que a súa edificación foi feita na área de xurisprudencia do Couto, polo tanto a aldea estaba incluída.
  • No mapa de 1784 de Domingo Fontán aparece perfectamente sinalada a Torre de Quitapesares no lugar da Torre de Vilamirón.
  • Raúl, un veciño de Vilamirón conta a lenda da Torre de Quitapesares. Unha raíña de España acababa de perder ó seu fillo. No lugar onde o atopou mandou contruír unha Torre á cal lle puxo o nome de Quitapesares pola situación que acababa de vivir.
  • Xeograficamente é un lugar por onde pasa o Camiño Real provinte de Bazal e próximos ós ríos Miño e Sil como ditara no seu día o Duque de Arjona.

 

 

 

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....