Paso adiante do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Monforte

A Xunta autoriza o Plan de Protección do Conxunto Histórico de Monforte polo que o concello poderá agora proseguir coa tramitación do plan iniciado no 2016.

San Vicente / XdL

A Consellería de Medio Ambiente acaba de emitir un informe favorable, como paso previo á súa aprobación definitiva, sobre o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico (PEPCHA) do Concello de Monforte de Lemos.

A Xunta vén de anunciar, segundo informa EFE, que o Goberno local poderá agora proseguir coa tramitación do plan, que comezou no 2016 coa avaliación ambiental do documento. En febreiro do pasado ano, a xunta de goberno local aprobara provisionalmente o PEPCHA, que foi remitido entón á Consellería de Medio Ambiente para o seu ditame. Con todo, á vista da documentación inicialmente presentada, Urbanismo emitiu un informe desfavorable e requiriulle ao Concello que realizase as correspondentes correccións.

O ámbito de actuación inclúe unha superficie de 69,18 hectáreas, que se corresponden coa zona declarada Ben de Interese Cultural e incorpora sobre o documento de 1973 os barrios de Ramberde, Carude, a Praza do Piñeiro e a beira do Río Cabe. O obxectivo do plan é dobre, protexer o patrimonio cultural e rehabilitar aqueles elementos que se atopen en peor estado.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here