InicioMedio ambiente e PatrimonioFCC seguirá xestionando a recollida de lixo en Monforte de Lemos durante...

FCC seguirá xestionando a recollida de lixo en Monforte de Lemos durante dez anos máis

O rexedor destaca o servizo realizado estes anos de "moi satisfactorio" e lembra que xerou postos de traballo.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, anunciou este sábado a decisión tomada polo equipo de goberno de prorrogar por 10 anos o contrato coa empresa FCC en relación co servizo municipal de recollida de lixo e limpeza viaria.

Segundo dixo o rexedor, esta decisión fundaméntase, en primeiro lugar, no mantemento, e mesmo incremento, de postos de traballo por parte da empresa, en que o servizo vén prestando de forma “satisfactoria” e, por último, en relación coa negociación mantida, segundo as cales se conseguiron “unhas melloras importantes para mellorar o servizo tanto na zona urbana como no medio rural”.

O actual contrato termina a súa vixencia o próximo día 8 de setembro e, no seu artigo 5, en relación coa duración, establece a posibilidade de prórrogas por 3 períodos de 5 anos, aínda que, para renovar o conxunto da frota, establece que ese período deberá ser de 10 anos. Esta foi a opción escollida.

Segundo establece o vixente contrato, a empresa FCC fixo un investimento inicial de 1.638.003,00 euros no municipio. Coa renovación deste contrato e coas melloras que se recollen, o investimento pasa a ser de 1.731.665,51 euros.

De todos os vehículos que conforman a frota a día de hoxe, soamente se van conservar os vehículos de transporte de cubos e o furgón de mantemento, valorados en 107.120 euros, dado que a súa vida útil é moito máis larga que os demais. O valor destes vehículos será substituído por unha nova baldeadora de beirarrúas de alta presión, que ten uno custo de 102.238,10 euros.

Entre as melloras conseguidas, o alcalde destacou que todos os demais vehículos e materiais vanse a renovar, incluíndo os colectores do rural e da periferia e tamén os cubos que se retiran cada día na zona máis urbana.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...