InicioMedio ambiente e PatrimonioXornada de portas abertas da restauración das pinturas da igrexa de Pinol

Xornada de portas abertas da restauración das pinturas da igrexa de Pinol

O Concello de Sober e a Xunta de Galicia organizan unha xornada técnica de portas abertas na igrexa de San Vicente de Pinol o vindeiro martes 18 de agosto. Como consecuencia da covid-19 é preciso reservar praza para controlar o aforo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A visita, na que participarán a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua e o alcalde, Luis Fernández Guitián, terá dúas partes, comezando ás 11:00 horas.

Primeira parte: Lectura Histórico-Iconográfica. 

Segunda parte: Intervención realizada. 

O aforo está limitado a 25-30 persoas. É preciso reservar a través da Oficina de Turismo de Sober. Teléfono 982 46 01 61 (en horario de oficina) ou 638 04 44 43. No caso de cubrir o aforo farase un segundo pase ás 17:00 horas.

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a veciños e veciñas e visitantes as obras de restauración das pinturas murais do templo. Ao longo da xornada a técnica encargada do proxecto, Montse Jiménez, recibirá a aquelas persoas que amosen o seu interese, explicando os obxectivos do traballo de restauración sobre este conxunto e o seu avance mediante unha visita ao inmoble.

O proxecto

O proxecto, financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo conta cun investimento de 109.021 euros. As obras están cofinanciadas pola Unión Europea a través de fondos FEDER. A empresa encargada de levalos a cabo é BABELIA CRBC S.L.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...