InicioMedio ambiente e PatrimonioAdega interésase en Monforte polo proxecto da nova ponte do malecón

Adega interésase en Monforte polo proxecto da nova ponte do malecón

O Secretario Xeral de ADEGA reuniuse en Monforte co Alcalde, os partidos políticos e a Plataforma Salvemos o Malecón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Secretario Xeral de ADEGA de Galicia, Froilán Pallín, xunto coa Secretaria provincial de Lugo Lucía Anido, reuníronse este martes, 2 de setembro, co Alcalde de Monforte, cos representantes dos partidos políticos da oposición, Partido Popular, Espertamonforte, Bloque Nacionalista Galego e con membros da Plataforma Salvemos o Malecón, para falar da controvertida construcción da Ponte que o Alcalde pretende facer no Malecón.

Dende a Plataforma Salvemos o Malecón agradecen a visita do grupo ecoloxista, “polo que ADEGA significa na loita en favor do movemento ecolóxico en Galicia así como por amosar o seu interese nas ideas e argumentos que ten cada unha das partes acerca da construción da ponte, posturas que analizarán nos próximos días, para fixar unha posición sobre esta pretendida obra.”

A Plataforma agradece tamén as opinións positivas que asegura lles fixeron chegar desde ADEGA e din esperar que sigan os posicionamentos en contra da construción da pretendida Ponte no Malecón; posicionamentos, que afirman achegarán moi pronto a toda a xente de Monforte a través da súa web www.salvemosomalecon.org

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...