O vindeiro verán saberase se Ribeira Sacra é Patrimonio da Humanidade

A decisión da Unesco coñecerase en China trala celebración da sesión do Comité do Patrimonio Mundial.

Canón do Sil na Ribeira Sacra. Foto: XMF

E.P. No verán do 2021 darase a coñecer a decisión da Unesco esperando que a candidatura galega de Ribeira Sacra pase a formar parte da listaxe na que xa están o Casco Histórico de Compostela, o Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules da Coruña.

Este venres, a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Insua, participou por videoconferencia na 87ª edición do Consello de Patrimonio Histórico, unha cita na que se avalían as candidaturas españolas que optan a formar parte da listaxe da Unesco.

Haberá que esperar ao vindeiro verán, en China, para saber se a Ribeira Sacra é declarada Patrimonio da Humanidade. Examinadores da Unesco estiveron de visita polo territorio nestas últimas semanas para coñecer de primeira man o sur lugués e o norte ourensán, sendo os seus informes de gran importancia para a decisión final que se sairá da 44ª sesión estendida do Comité do Patrimonio Mundial da Unesco.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here