InicioMedio ambiente e PatrimonioCatálogo da Macromicobiota das Montañas do Courel

Catálogo da Macromicobiota das Montañas do Courel

O Catálogo da Macromicobiota das Montañas do Courel é unha iniciativa que se integra no conxunto de actuacións para o desenvolvemento do Micoturismo no Xeodestino Ancares-Courel e que se enmarca na colaboración que mantén a Deputación co Campus Terra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este catálogo encádrase na serie de Cadernos da Estación Científica do Courel, e constitúe un gran exemplo de traballo de investigación e divulgación do patrimonio natural da provincia. Dende a  Deputación de Lugo colaboran co Campus Terra e coa Estación Científica do Courel no estudo dos macrofungos das montañas orientais lucenses. Un estudo que busca a aplicación práctica do coñecemento no desenvolvemento de plans de aproveitamento sostible, así como no impulso do micoturismo e a micogastronomía.

Este traballo é unha aproximación ao coñecemento e catalogación da macromicobiota correspondente ás divisións Basidiomycota Ascomycota das montañas do Courel, inventariando e describindo 410 taxons para o territorio, que xunto con 126 distintos taxons previamente citados por outros autores, e tamén recollidos neste traballo, fan un total de 536 taxons referenciados, un importante número reflexo da gran biodiversidade fúnxica das montañas do Courel, o que se corresponde coa diversidade xeolóxica, climática e florística deste territorio.

Dos 410 taxons descritos, 322 son primeiras citas publicadas para o territorio das montañas do Courel, 109 para a provincia de Lugo, 48 para Galicia, 5 para a Península Ibérica, e unha é primeira cita europea: Simocybe serrulata. O estudo realizouse durante algo máis de 3 anos (outono de 2016 ata finais 2019) de periódico traballo de prospección micolóxica no territorio, complementado nos laboratorios da Estación Científica do Courel e do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra.

ÚLTIMAS

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa,...