InicioMedio ambiente e Patrimonio10 igrexa da Ribeira Sacra xa forman parte da Ruta Transrománica

10 igrexa da Ribeira Sacra xa forman parte da Ruta Transrománica

A Ruta Transrománica ten como obxectivo o estudo da arte románica europea e a promoción dos itinerarios artísticos a nivel internacional. O ingreso nesta entidade europea sitúa ao románico lucense no máis alto nivel de recoñecemento e visibilidade europeos, contribuíndo á promoción turística.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Corporación provincial aprobou por unanimidade que a Deputación de Lugo se adhira á asociación Ruta Transrománica. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou que “a presencia da provincia na Transrománica grazas á iniciativa da Deputación tamén será un importante apoio para a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.”

A Ruta Transrománica está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. Está integrada por 12 rexións de 9 países da Unión Europea – Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España- e aglutina un conxunto de monumentos románicos, moitos deles declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

A provincia de Lugo é o terceiro lugar de toda España que entra a formar parte desta entidade, despois de Castela e León, co mosteiro de Santo Domingo de Silos e a cidade de Zamora. 

Dez igrexas de dez concellos da Ribeira Sacra

A candidatura que presentou a Deputación de Lugo recolle 10 igrexas de arte románico situadas en 10 concellos da Ribeira Sacra. Fíxose esta selección para asegurar a maior representación posible do territorio, aínda que a vontade da institución e ir incluíndo progresivamente máis monumentos no itinerario. 

As igrexas que inclúe a candidatura son as seguintes: o mosteiro do Divino Salvador, en Ferreira de Pantón; a igrexa de San Xoán da Cova, en Carballedo; a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada; a igrexa de San Pedro de Ribas Altas, en Monforte de Lemos; a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela; a igrexa de San Nicolás ou San Xoán, en Portomarín; a igrexa de Santa María de Torbeo, en Ribas de Sil; a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, no Saviñao; a igrexa de Santa María de Proendos, en Sober; e a igrexa de Santa María de Taboada dos Freires, en Taboada. 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...