A adhesión é moi sinxela: simplemente cubrir o impreso colgado na páxina web do Concello de Sarria e depositar o cartón os martes entre as 10:00 e as 11:00 horas da mañá na porta dos establecementos, onda será recollido polos operarios de Cespa.
“Con esta campaña conseguimos un gran obxectivo medioambiental, xa que todo o cartón recolleito será reciclado e non como ata a data, no que a maior parte do mesmo recibe o mesmo tratamento que o resto do lixo”, comentan dende o goberno local.