InicioMedio ambiente e PatrimonioBóveda no proxecto "Hola Pueblo"

Bóveda no proxecto “Hola Pueblo”

O Concello de Bóveda formará parte da II edición do proxecto ‘Hola Pueblo’ que promoven Red Eléctrica España, Correos e AlmaNatura. ‘Hola Pueblo’ é un proxecto que pretende impulsar a repoboación nas áreas rurais facilitando o contacto de persoas que desexan facer realidade o seu proxecto de emprendemento no medio rural con pobos na procura de novos habitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un proxecto que dá resposta directa a algúns dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), a través da fixación de novos emprendedores no medio rural, o fomento do desenvolvemento de negocios sostibles co medio ambiente, a xeración de impacto positivo nas comunidades rurais e a reactivación da actividade económica do territorio. 

A filosofía do proxecto é a de aproveitar a tendencia que se está dando do aumento de persoas interesadas por realizar un cambio de vida cara o rural, atraídos por unha vida máis saudable e sostible co medio ambiente

Coa participación do Concello de Bóveda no proxecto ‘Hola Pueblo’, o GDR Ribeira Sacra-Courel, cuxa sede está neste municipio, ve unha oportunidade para a prospección na busca de novas fórmulas que axuden a reverter os problemas do rural ca atracción de novos emprendedores ao territorio. Unha liña de traballo na que o GDR vai desenvolver  diferentes accións ao longo de 2021.

Funcionamento

Os concellos son os encargados de detectar as áreas de oportunidade de emprendemento, así como os recursos cos que contan. É unha maneira máis de promocionar o municipio a través do proxecto, xa que contan coa posibilidade de recibir novas empresas xestionadas polos novos poboadores. 

O Concello de Bóveda presentou entre os seus atractivos dispor de servizos como farmacia, colexio no propio municipio, e centro de saúde; a existencias de vivendas para alugar ou mercar e dispoñibilidade de persoal técnico de apoio e información para novos/as emprendedores/as. A maiores, o Concello pertence á Ribeira Sacra, que podería ser declarada Patrimonio Mundial e é porta de entrada ao Xeoparque Mundial da Unesco, o que reforza as súas posibilidades.

Está dotado de fibra óptica, hai parcelas do polígono a disposición e é unha zona con canle de regadío Val de Lemos. Dispón ademais de boas comunicacións sendo maior a posibilidade de desenvolvemento no sector agrogandeiro.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...