O sector gandeiro teme a impunidade do lobo para atacar as súas propiedades

O sector gandeiro e representantes do mesmo consideran insuficientes as medidas para a reparación e prevención do ataque de lobos ao gando.Sindicatos agrarios reclaman máis investimento en prevención así como unha mellor xestión cinexética do depredador.

Varios lobos ibéricos do Centro do Lobo Ibérico na localidade de Robledo de Sanabria, | Fonte: Europa Press - Arquivo.


A polémica arredor da protección total do lobo, prohibindo a súa caza mesmo para o control da especie, puxo en alerta ao sector gandeiro, sobre todo o sector da gandería extensiva. Os propietarios de gando temen a “impunidade” do lobo para atacar as súas propiedades. Voces sindicais apuntan á necesidade de incrementar as axudas por perdas de cabeza de gando ademais dun maior investimento en medidas de prevención. Por outra parte, empregar as batidas para o control do depredador segue tendo defensores aínda que as posturas pasan por que sexa a Administración quen leve adiante estas accións ou quen apoia a validez das batidas por cazadores.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here