InicioMedio ambiente e PatrimonioRehabililitarase en Bóveda o Muíño dos Fernández pola súa importancia etnogáfica

Rehabililitarase en Bóveda o Muíño dos Fernández pola súa importancia etnogáfica

A actuación -que contará cunha axuda de 40.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural- enmárcase na posta en valor do conxunto etnográfico do núcleo do Souto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, visitou este luns a zona onde se vai levar a cabo o proxecto senlleiro “Rehabilitación do muíño dos Fernández”, cunha subvención de 40.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural. Acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, a directora xeral sinalou que a actuación se enmarca nos traballos de posta en valor do conxunto etnográfico do núcleo do Souto, que está executando o Concello e que tamén contan con apoio da Agader.

Os traballos de rehabilitación do muíño dos Fernández están proxectados para finalizarse neste ano 2021. Pola súa contorna e situación a medio camiño entre a Ribeira Sacra e as montañas do Courel, este muíño conta cunha serie de peculiaridades especiais que son as que impulsan a súa recuperación como elemento do patrimonio cultural nunha área de importante valor natural. 

Cabe sinalar que os muíños de río son un dos compoñentes etnográficos máis identificativos da paisaxe rural de Galicia, como construcións vinculadas coa vida agraria e pola súa importancia para garantir o desenvolvemento económico das zonas nas que se asentaban. Así, os muíños de río non só exerceron no seu día de fábricas de fariña para facer posible a elaboración do pan, senón que destacan pola súa arquitectura e funcionamento, polos usos e costumes vinculados a eles, polo seu patrimonio inmaterial e polo seu papel económico e social nas comunidades agrarias. 

Mediante estes convenios de colaboración asinados cos concellos galegos, non só se busca recuperar e poñer en valor elementos do patrimonio natural, cultural e etnográfico senón, ao tempo, xerar riqueza e emprego, elementos claves para fixar poboación no rural.

Medida Leader

Para a posta en valor do conxunto etnográfico do Souto -onde se sitúa o muíño dos Fernández- a Agader cofinancia outra axuda de 28.373 euros ao abeiro da medida Leader, que busca incidir na rehabilitación desta contorna tradicional pero tamén na mellora dos arredores da piscina municipal. Así, esta segunda actuación consistirá en rozar o Camiño do Souto, en consolidar muros e pavimento e en recompoñer algunha parte da calzada. Así mesmo, na Ponte de Bóveda, reporase a estrutura mediante vigas co obxectivo de asentala e consolidar os arcos e a base da ponte, ademais de instalar unha varanda de protección.

A Xunta cofinanciou outras tres achegas no marco do programa Leader para sufragar distintos proxectos que se levaron a cabo no concello de Bóveda nos últimos anos. O que recibiu unha maior subvención -34.227 euros- foi o acondicionamento de parte das instalacións  da nave da feira de Rubián, para habilitar  un espazo destinado á presentación, venda e demostración de elaboración de produtos locais, no marco dos mercados que se celebran cada mes. Nesa liña, cabe mencionar a importancia do sector cárnico neste municipio, co que as empresas poden aproveitar estas instalacións para levar a cabo xornadas técnicas e de divulgación da elaboración e degustación dos seus produtos.

Outras dúas subvencións que superaron os 14.000 euros permitiron dotar aos distintos locais sociais de Bóveda de sistemas de eficiencia enerxética e de medios audiovisuais, para  impulsar un maior aproveitamento dos centros por parte dos veciños. 

Todas estas achegas xestionáronse a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel (GDR 6).

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...