Incendio en Chantada provocado por un aeroxerador

O lume iniciouse a primeiras horas da tarde.

Parque eólico | Fonte: DUVI.

O incendio dun aeroxerador do parque eólico da Serra do Faro, en Chantada, afectou a unha zona de monte próxima ao lugar orixe as lapas, que foron sufocadas polos servizos de emerxencia un catro horas despois de iniciarse.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que sitúa o incidente na parroquia de Argozón, en Chantada, onde se sitúa parte do parque éolico da Serra do Faro.

O incendio orixinouse minutos antes das 13,00 horas no motor dun aeroxerador, que ardeu por completo. As chamas terminaron prendendo nunha zona de monte próxima.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros de Chantadas e axentes forestais de Lalín, que lograron extinguir o incendio ás 16,00 horas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here